BANDO
O Concello ordea a retirada do 'container' encallado en Baldaio
Luns 27 de febreiro do 2006
No bando ponse de manifesto que, ao descoñecerse os datos da embarcación, do propietario ou consignatario deste, a resolución citada será publicada no taboleiro de anuncios do Concello. Ademáis, constátase que se solicitou á Xefatura da Demarcación de Costas de Galicia a retirada do container no caso de que o propietario ou consignatario deste non o fixera no prazo anteriormente indicado.