LECER
Os escolares anunciaron o inicio do Antroido
Venres 24 de febreiro do 2006
O sábado, 25 de febreiro, a xornada abrirase cun obradoiro de máscaras na Ludoteca Municipal, ás 12,00 horas. Pola tarde, a partir das 18,00 horas, celebraranse dous bailes de disfraces na Escola de Cances e no Local Social Casa Uruguai "El Ceibo", ademáis do III Concurso de Postres de Antroido na Praza do Concello. De 16,00 horas a 20,00 horas terá lugar no Local Social San Cristovo un festival infantil e baile de antroido, nunha xornada na que repetirá o Graff Time 06, de 12,00 a 00,00 horas nas Galerías Comerciais da Rúa da Igrexa. O domingo, 26 de febreiro, celebrarase o Concurso e Desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas na Praza do Concello e rúas de Carballo e, ás 20,30 horas, terá lugar o baile de disfraces coa Orquestra Ismael. Os obradoiros de antroido para nenos e nenas na praza do Concello, unha exhibición de Capoeira, o Baile da Terceira Idade no Pavillón Bergantiños, e o peche do Antroido, co Enterro da Sardina no Parque do Anllóns completan o programa para o luns e o martes. A Charanga Os Chinchorros animará as rúas de Carballo durante toda a celebración do Antroido.