Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello presentou o proxecto da Casa dos...

FORMACIÓN

O Concello presentou o proxecto da Casa dos Oficios ao Conselleiro de Traballo

Venres 24 de febreiro do 2006

O propio Conselleiro oranizou un encontro paralelo cos Directores Xerais de Promoción e Emprego, Álvaro Ansias, e de Formación e Colocación, Pastor Fuenteseca, para que coñeceran de primeira man o proxecto da Casa dos Oficios. Os dous comprometéronse a visitar Carballo dentro de menos de dous meses, para ver as obras sobre o terreo e seguir a falar dos aspectos que rodean á mesma. Ademáis, o goberno municipal demandará unha entrevista coa Delegada Provincial de Traballo para coordinar as actuacións a desenvolver neste ámbito. O concelleiro de Facenda, Contratación e Patrimonio, José Antonio Viña, calificou a entrevista desta mañán de "moi positiva, de traballo encamiñado a sensibilizar á Consellería e dar un empuxe á area de formación". Ademáis do da casa dos Oficios, ambas partes departiron en torno aos obradoiros de emprego, cursos de formación, e convenios de colaboración para o fomento do emprego.

Compartir: