Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobado o programa de actividades culturais para...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Aprobado o programa de actividades culturais para a celebración do Antroido

Mércores 22 de febreiro do 2006

O programa deseñado pola Concellaría de Cultura é o seguinte:

Venres, 24 de febreiro:

  • Desfile Escolar de Comparsas, polas rúas de Carballo e Praza do Concello
  • Arte na Rúa: Graff Time 06. Exhibición de grafiti e música nas Galerías comerciais da Rúa da Igrexa
  • Obradoiro de Globoflexia na Ludoteca Municipal
  • Actuación da Charanga Os Chinchorros na Praza do Concello e rúas de Carballo
  • Apertura do Antroido a cargo de Cándido Pazó

Sábado, 25 de febreiro:

  • Obradoiro de Máscaras na Ludoteca Municipal
  • Actuación da Charanga Os Chinchorros na Praza do Concello e rúas de Carballo
  • Arte na Rúa: Graff Time 06. Exhibición de grafiti e música nas Galerías comerciais da Rúa da Igrexa

Domingo, 26 de febreiro:

  • Actuación da Charanga Os Chinchorros na Praza do Concello e rúas de Carballo
  • Concurso e desfile de Disfraces, Comparsas e Carrozas presentado por NAS CENTOLAS na Praza do Concello. Máis de 6000 euros en premios
  • Baile de Disfraces coa Orquestra Ismael na Praza do Concello

Luns, 27 de febreiro:

  • Obradoiros de antroido para nenos e nenas na praza do Concello
  • Actuación da Charanga Os Chinchorros na Praza do Concello e rúas de Carballo
  • Exhibición de Capoeira na Praza do Concello e nas rúas Coruña, Valle Inclán e Estrella

Martes, 28 de febreiro:

  • Obradoiros de antroido para nenos e nenas na praza do Concello
  • Actuación da Charanga Os Chinchorros na Praza do Concello e rúas de Carballo
  • Baile da Terceira Idade no Pavillón Bergantiños
  • Peche do Antroido. Enterro da Sardina. Saída da Praza do Concello ata o Parque do Anllóns

Compartir: