MEDIO AMBIENTE
O Concello procede á limpeza do litoral afectado pola marea de obxetos dun mercante
Martes 21 de febreiro do 2006
Tamén está prevista a utilización dun tractor para deixar o areal en condicións óptimas e evitar que algún dos obxetos quede soterrado baixo a area. A mercancía que foi parar á praia de Razo conta con empaquetado chino e hai desde gafas e bolsos ata froitos secos e outros utensilios. Ademáis, o Concello púxose en contacto coas autoridades pertinentes para que se proceda á retirada dun contenedor en Leira. Por certo que no areal de Razo apareceron tamén dous delfíns nas últimas horas.