TURISMO
Aprobado o regulamento definitivo da marca ‘Pan de Carballo’
Luns 20 de febreiro do 2006
Os elementos diferenciadores das panaderías que adopten a marca estarán listos no prazo dun mes, cando se comecen a conceder as primeiras autorizacións. Algúns panadeiros manifestaron na xuntanza a posibilidade e desexo de repartir bolsas co novo logotipo canto antes. As panaderías poderán repartir entre os establecementos hosteleiros aos que suministren o producto uns carteis numerados nos que queda constancia de que están a ofrecer Pan de Carballo. Ademáis, e tamén canto antes, comezarase a instalar a sinalización das panaderías do municipio. Ademáis dos asistentes á xuntanza, outros panadeiros do concello estudian sumarse á iniciativa, unha posibilidade que permanece aberta aos interesados.