ATENCIÓN PRIMARIA
Servizos Sociais informa sobre as pensións asistenciais por ancianidade a favor dos emigrantes españois
Luns 20 de febreiro do 2006
Para poder solicitar a Pensión Asistencial por Ancianidade é necesario que conserven aínda a condición de emigrante retornado (2 anos) e cumpran todos os requisitos da Pensión Non Contributiva de Xubilación - agás o requisito do periodo de residencia en territorio español (10 anos de residencia dos cales 2 tiñan que ser inmediatamente anteriores a data da solicitude). Para máis información pódese acudir ao Departamento de Servizos Sociais de Atención Primaria do Concello de Carballo. ou chamar ao número de teléfono 981 70 47 06.