Inicio Carballo ao día Hemeroteca Convada unha nova xuntanza da Comisión...

SEGURIDADE

Convada unha nova xuntanza da Comisión Especial de Seguridade Cidadán

Xoves 16 de febreiro do 2006

Tódolos portavoces dos grupos municipais están convocados para unha xuntanza da que tamén participará o Sarxento da Policía Local, Constantino Vázquez. Na mesma debatirase en torno á situación actual da seguridade no municipio. Nas últimas reunións da Comisión Especial de Seguridade Cidadán concluiuse a necesidade de demandar unha dotación da Policía Nacional, a creación dun 3º Xulgado e contar con máis efectivos nas Forzas de Orden Público. A xuntanza celebrarase, como en ocasións anteriores, na Casa do Concello.

Compartir: