CULTURA
A ‘Compañía do Ruido’ ofrece unha festa musical no Pazo da Cultura
Xoves 16 de febreiro do 2006
A Compañía do Ruido, que ven de editar o seu primeiro disco Barruntando, crease no ano 2002 cando un grupo de trece amigos de Riveira se xunta para cantar e tocar só coa pretensión de divertirse. O estilo musical que eles denominan ‘música de taberna’ abrangue diferentes temas de música tradicional galega fusionados, algúsn deles, con titmos propios doutras culturas: samba, merengue, tango, etc. Asistir a un concerto da Compañía do Ruido é, segundo os seus compoñentes, toda unha experiencia porque, a maiores da mistura entre distintos estilos musicais, poderemos disfrutar dunha posta en escea chea de diversión, alegría e humor: toda unha festa musical.