TURISMO
O Concello convoca aos panadeiros a unha nova xuntanza
Mércores 15 de febreiro do 2006
O Concello ven de remitir a tódolos panadeiros da localidade a convocatoria para acudir á xuntanza. A Concellaría de Turismo puxo á disposición dos panadeiros de Carballo a posibilidade de retirar as instancias para solicitar a marca Pan de Carballo. As panaderías da localidade interesadas en participar da iniciativa poden retirar as instancias no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro venres. O distintivo e diferenciación que se pretende conseguer coa marca Pan de Carballo camiña na dirección de facer do pan de Carballo un producto de interese turístico.