INCENDIO
Comezan os traballos de desmantelamento na Estación de Autobuses
Venres 13 de xaneiro do 2006
O Delegado Provincial da Consellaría de Política Territorial, Jacinto Parga, visitou esta mañá de novo Carballo para interesarse pola situación da Estación de Autobuses e adiantar que, no prazo de 48 horas, cóntase con ter rematada esta fase de demolición. Hai que lembrar que no incidente do pasado venres víronse afectados catro autobuses e as instalacións da Estación. A primeira medida adoptada foi a instalación dunha rede, en previsión dun posible desprendemento da cuberta dos andéns.
Servizo
As compañías de transporte seguen prestando servizo aos viaxeiros no exterior da Estación, con parada na rúa Alexandre Bóveda. Os billetes véndense dentro dos propios autobuses.