Inicio Carballo ao día Hemeroteca Aprobada a modificación puntual do PXOM no...

REFORMA

Aprobada a modificación puntual do PXOM no ámbito da Praza do Concello

Venres 13 de xaneiro do 2006

O grupo de goberno recibiu confrimación da nova por parte do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Luis Vázquez, e o Delegado Provincial, Jacinto Parga, nunha recente visita a Carballo. O goberno municipal espera poder convocar canto antes a mesa de contratación do proxecto do parking e novo edificio do mercado, situación condicionada á tramitación de publicación da aprobación da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal. A mesa de contratación estaría representada por por políticos, técnicos e comerciantes.

Compartir: