Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Estación de Autobuses sufre cuantiosos...

VANDALISMO

A Estación de Autobuses sufre cuantiosos danos tras un acto vandálico

Venres 10 de febreiro do 2006

A Guardia Civil ven de abrir unha investigación para determinar as causas e tentar localizar ao culpable ou culpables duns actos que derivaron na queima deses catro autobuses, os danos na Estación e, ademáis, a queima de varios contedores en diversos puntos da localidade. Os actos orixináronse pasadas as catro da mañán e, pese á rápida actuación dos Bombeiros e o Grupo Municipal de Intervención Rápida, os danos foron moi cuantiosos. De momento non se ten ningún indicio sobre quén pode estar detrás destes actos e haberá que esperar a que a Guardia Civil proceda coa investigación para determinar ese punto, ademáis de se a queima de contedores e papeleiras está relacionada co incendio da Estación.

Máis actos vandálicos

Ademáis do incendio na Estación de Autobuses, outros lugares de Carballo víronse afectados por outra serie de actos de vandalismo. No Instituto Parga Pondal queimáronse dúas papeleiras e houbo catro intentos máis no patio interior. No patio exterior prendéuselle lume a dous contedores orgnánicos e un de papel e rompiuse un cristal. Na rúa Gran Vía, a altura de Rosalía de Castro, queimouse unha papeleira e nesta última rúa prendiuse lume a un contedor amarelo. Os actos vandálicos tiveron lugar tamén na rúa Baixa, co incendio dun contedor de obra.

Compartir: