Inicio Carballo ao día Hemeroteca O peculiar antroido de Wild Magnolias...

VERÁN CULTURAL

O peculiar antroido de Wild Magnolias trasládase a Carballo

Venres 29 de xullo do 2005

Theodore Emile "Bo" Dollis, o grande "xefe indio" desta peculiar tribo é un dos personaxes que mellor sintetiza a mestizaxe cultural de Nova Orleans.

Interesado pola pola tradición afroamericana caribeña do Antroido Indio desta cidade norteamericana, combinou eses ritmos co seu propio estilo e co funk de Nova Orleans. A Big Chief Bo Dollis & The Wild Magnolias chega a Carballo despois de participar no máis importante festival de jazz de España, o de San Sebastián.

Pero a fin de semana tamén inclúe actividades para os máis cativos. O grupo de teatro infantil Picompé presenta en Carballo A dragoa e o cabaleiro, un espectáculo de teatro, mímica, globoflexia e malabares, que máis tarde continuará coa montaxe dunha escola de circo.

A obra conta a historia de dous cabaleiros que, para cumprir a súa nobre misión, deben atopar un dragón que vencer. O problema chega cando se atopan cun dragón un pouco especial: unha dragoa, vexetariana que nada quere saber de loitar violentamente contra os cabaleiros.

Estas actividades encádrase no programa de actividades do Verán Cultural, organizados pola Concellaría de Cultura, Ensino e Normalización. Na organización do espectáculo de Picompé colabora a Deputación da Coruña.

Compartir: