Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro e o ballet conforman a oferta cultural...

CULTURA

O teatro e o ballet conforman a oferta cultural para a fin de semana

Venres 10 de febreiro do 2006

A representación contempla un teatro de gangsters, ao máis puro estilo do cine negro americano, e escrito polo gañador do premio MAX ao mellor texto dramático en galego. En Por un millón de dólares hai acción, tiros, persecucións, raptos, gangsters sen escrúpulos, detectives arriscados, sorpóns, venganza, amor e tamén moito humor. Todo isto aderezado con música, cancións interpretadas en riguroso directo que o converten nun espectáculo mafioso-musical. A entrada custa 2’5 euros. O sábado, 13 de febreiro, será o turno da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela, que representará a súa última montaxe O veloiro de Pat O’Connor, a partir das 21,00 horas. Esta compañía de teatro afecionado está dirixida por Roberto Salgueiro e a obra a representar está baseada no texto de N. Bela Os cravos de prata, estreada o pasado mes de decembro en Santiago. A entrada ao espectáculo é gratuita.

Ballet de san Petersburgo

E o domingo, 12 de febreiro, será o turno do Ballet de San Petersburgo con La Bella Durmiente, dirixida por Alexander Bruskin, coa música de P.I. Chaikovski e a coreografía de Marius Petipa. A actividade é froito do convenio entre Caixanova e a Deputación da Coruña, ademáis da colaboración da entidade bancaria co Concello de Carballo. O Ballet do Teatro de San Petersburgo ocupa un lugar moi especial entre as compañías de ballet da citada cidade rusa. A compañía ofrece representacións para gran cantidade de espectadores e converteuse nunha das que máis xiras internacionais realiza, cun repertorio que inclúe tanto música clásica como moderna. O crecente poder e beleza do estilo de danza do Ballet de San Petersburgo foi suprevisado e creado por importantes mestres como Jules Perrot ou Artur St. Leon, ainda que foi grazas a o seu sucesor como primeiro mestre de bailarín da súa Maxestade Imperial o Xar, Marius Petipa, a quen se lle debe o florecemento do Ballet de San Petesburgo e a creazón de ballets, que ainda hoxe continúan deleitando ao público. As entradas para acudir á actuación están á venta na web de caixanova e na taquilla telefónica 902.504.500 desde o pasado mércores. O precio é de 9 euros e se poderán retirar as entradas na oficina de Caixanova, coa presentación do DNI, ou na taquilla do Pazo da Cultura o mesmo día da representación, a partir das 18,00 horas.

Compartir: