SERVIZOS
Industria resposta á reclamación polas deficiencias do suministro eléctrico en Xoane
Xoves 9 de febreiro do 2006
O Concello de Carballo remitiu no seu día, a Unión Fenosa e á Delegación Provincial da Consellería de Industria, unha copia das sinaturas recolidas entre a comunidade veciñal do lugar de Xoane da Carretera, da parroquia de Goians, onde denuncian a insuficiente potencia de suministro eléctrico que reciben nas súas vivendas. A situación, según xa denunciaron os veciños, provoca que non se podan utilizar varios aparellos de consumo eléctrico ao mesmo tempo no lugar, situación que revirte na imposibilidade de realizar a vida cotiá con normalidade. O Concello reclama que a empresa suministradora realice os investimentos necesarios para correxir as deficiencias citadas.