CULTURA
Actuación da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela
Xoves 9 de febreiro do 2006
Trátase dunha divertida farsa dirixida a todos os públicos, tanto infantil como adulto. Con esta obra foron selecionados para o festival Internacional de Teatro de Liexa e tamén foi programada pola Fundación Galicia Europea e o Instituto Cervantes (Bruxelas), onde realizarán unha pequena xira no mes de marzo. Tamén foi seleccionada para o festival de Konstanz (Alemania) e presentarana en diversas cidades e vilas galegas, ademáis de en Alicante, Granada, Cadiz, Jaén, Badajoz ou Albacete. A Compañía da Aula de Teatro da Universidade de Santiago Compostela foi creada en 1990. A entrada ao espectáculo é gratuita.