MEDIO AMBIENTE
Paralizada a tramitación do expediente de concesión para aproveitamento hidroeléctrico no río Carral
Mércores 8 de febreiro do 2006
O proceso de concesión iniciouse hai máis de sete anos e, xa por aquel entonces, presentáranse alegacións por parte de diferentes sectores ao aproveitamento hidroeléctrico. O Concello de Carballo presentou, hai un ano aproximadamente, alegacións que incidían nunha evaluación visual que confirmaba un caudal insuficiente no mes de marzo, ademáis do impacto mediambiental que tería sobre a zona. O grupo de goberno confía en que se teñana en consideración a situación referida para evitar a instalación dunha minicentral. A suspensión provisional da tramitación do expediente aberto con motivo da solicitude de concesión con destino a aproveitamento hidroeléctrico no río Carral será efectiva en tanto non sexa aprobada a revisión do Plan Sectorial Hidroeléctrico das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.