Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Ballet de San Petersburgo chega a Carballo

CULTURA

O Ballet de San Petersburgo chega a Carballo

Martes 7 de febreiro do 2006

O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, o Deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Celestino Poza, e o director da oficina de Caixanova en Carballo, José Ulfe, presentaron a actuación este martes no Pazo da Cultura. Evencio Ferrero manifestou que "é todo un luxo poder ver ao ballet de San Petersburgo" e que "Carballo cumpre o papel de cabeceira de comarca, xa que do espectáculo participará xente de toda a Costa da Morte". José Ulfe referiuse á cita do domingo como "unha actuación cultural de primeira orde", mentres que Celestino Poza dixo que "un ballet ruso sempre é garantía de calidade e estamos ante unha oportunidade excepcional". Ademáis, engadiu que "Carballo está sempre presente na programación cultural da Deputación, tanto polo seu número de habitantes como pola entidade cultural que ten". O Ballet do Teatro de San Petersburgo ocupa un lugar moi especial entre as compañías de ballet da citada cidade rusa. A compañía ofrece representacións para gran cantidade de espectadores e converteuse nunha das que máis xiras internacionais realiza, cun repertorio que inclúe tanto música clásica como moderna. O crecente poder e beleza do estilo de danza do Ballet de San Petersburgo foi suprevisado e creado por importantes mestres como Jules Perrot ou Artur St. Leon, ainda que foi grazas a o seu sucesor como primeiro mestre de bailarín da súa Maxestade Imperial o Xar, Marius Petipa, a quen se lle debe o florecemento do Ballet de San Petesburgo e a creazón de ballets, que ainda hoxe continúan deleitando ao público.

Entradas

As entradas para acudir á actuación do Ballet de San Petersburgo estarán á venta na web de caixanova e na taquilla telefónica 902.504.500 desde o día 8 de febreiro. O precio é de 9 euros e se poderán retirar as entradas na oficina de Caixanova, coa presentación do DNI, ou na taquilla do Pazo da Cultura o mesmo día da representación, a partir das 18,00 horas.

Compartir: