CULTURA
O teatro será tamén protagonista a fin de semana
Martes 7 de febreiro do 2006
A representación contempla un teatro de gangsters, ao máis puro estilo do cine negro americano, e escrito polo gañador do premio MAX ao mellor texto dramático en galego. En Por un millón de dólares hai acción, tiros, persecucións, raptos, gangsters sen escrúpulos, detectives arriscados, sorpóns, venganza, amor e tamén moito humor. Todo isto aderezado con música, cancións interpretadas en riguroso directo que o converten nun espectáculo mafioso-musical.