Inicio Carballo ao día Hemeroteca Comeza a construcción de dúas das...

OBRAS

Comeza a construcción de dúas das naves da Casa dos Oficios

Xoves 2 de febreiro do 2006

Os alumnos da Escola Obradoiro incorporaranse en breve aos traballos do novo edificio, aínda que seguen a desenvolver tarefas relacionadas coas estructuras e materiais no taller. O proxecto global da Casa dos Oficios engloba cinco naves e ocupará unha superficie total de 10.815 metros cadrados. Neste novo edificio situaranse as aulas do Centro Municipal de Formación, así coma un novo auditorio de uso empresarial. No espazo do exterior do complexo seguiranse a realizar as feiras os segundos, cuartos e quintos domingos de mes.

Compartir: