Inicio Carballo ao día Hemeroteca A corporación municipal debate o...

PLENO ORDINARIO

A corporación municipal debate o Regulamento de Participación Cidadá

Luns 30 de xaneiro do 2006

Tamén está prevista na sesión a toma de posesión como concelleiro de Antonio Nogueira Casais, do grupo municipal do CDI, despóis da renuncia de Vanesa Viña o pasado mes de novembro. Darase conta tamén das competencias nas áreas que levaban no seu día Milagros Lantes e José Antonio Periscal, así como dos membros en comisións informativas permanentes e das representacións en órganos colexiados dos membros do grupo municipal do BNG. Outros dos asuntos serán a denominación de novas rúas para a localidade, que xa quedara sobre a mesa no último pleno, o expediente de contribucións especiais para a urbanización da Travesía entre a Rúa Pan e a Rúa Lirios e unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a normativa de garaxes obrigatorios.

Compartir: