PLENO ORDINARIO
Antonio Longueira toma posesión como novo concelleiro da Corporación
Venres 27 de xaneiro do 2006
A orde do dúa inclúe tamén a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá que, como principal novidade, ten a creación da figura do Conselleiro Parroquial e o Consello Parroquial, o órgano donde os veciños poderán participar da vida política da localidade. O obxectivo do texto é aproximar a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. Outros dos asuntos serán a denominación de novas rúas para a localidade, que xa quedara sobre a mesa no último pleno, o expediente de contribucións especiais para a urbanización da Travesía entre a Rúa Pan e a Rúa Lirios e unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a normativa de garaxes obrigatorios.