ASESORAMENTO A INMIGRANTES
O cónsul do Uruguai volve a achegarse a Carballo
Venres 27 de xaneiro do 2006
A visita do cónsul vénse facendo periodicamente dende o pasado mes de maio. En Carballo o número de cidadáns residentes nacidos no Uruguai foi en aumento, segundo se desprende dos datos do Barómetro Municipal presentado recentemente. O consulado ofrécelle aos interesados un servizo de asesoramento xurídico, sobre contratos, permisos de residencia, visados e información en xeral sobre calquera outro tipo de xestión consular. A corporación municipal, co obxectivo de garantir ese servizo, habilita unha das salas do Pazo da Cultura para que o cónsul poida solucionar estas xestións en Carballo.