POBOACIÓN
Carballo chega aos 30.000 habitantes
Mércores 27 de xullo do 2005
O incremento de poboación no concello é considerable nos últimos meses, posto que no ano 2004 os datos facilitados polo Instituto Galego de Estatística indicaban que o número de habitantes era de 29.521.
Entre as medidas que desenvolve o Concello para fixar a poboación na zona atópase o fomento do asentamento de novas empresas no polígono industrial da Bértoa, especialmente agora que está a piques de se construír unha segunda fase, ou a importante tarefa de especialización profesional desenvolvida polo Centro de formación municipal a través das escolas obradoiro, como un elemento importante na dinamización do emprego na comarca, o que permite o aumento progresivo do número de habitantes.
Existe ademais un amplo número de inmigrantes que decide asentarse en Carballo. Segundo os datos oficiais do Instituto Galego de Estatística, no ano 2004 o número de inmigrantes no Concello era moi superior ao de emigrantes: 938 de persoas que chegan e se empadroan en Carballo fronte a 595 que marchan.