SESIÓN ORDINARIA
O pleno debatirá o Regulamento de Participación Cidadá
Xoves 26 de xaneiro do 2006
Nesa mesma comisión informativa tampouco houbo consenso para a denominación de novas rúas para a localidade, e haberá que esperar á sesión plenaria para volver a debatir o asunto, que xa quedara sobre a mesa no último pleno. Situación idéntica deuse na comisión informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas, co expediente de contribucións especiais para a urbanización da Travesía entre a Rúa Pan e a Rúa Lirios. Si houbo unanimidade na comisión de Urbanismo e Desenvolvemento, na que se abordou unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a normativa de garaxes obrigatorios.