COMISIÓNS INFORMATIVAS
A comisión informativa de Acción Social aborda a denominación de novas rúas
Mércores 25 de xaneiro do 2006
Nesa mesma comisión, a de Acción Social, Participación e Persoal, abordarase a aprobación inicial do Regulamento de Participación Cidadá. A comisión informativa de Asuntos Económicos e Especial de Contas debatirá en torno ao expediente de contribucións especiais para a urbanización da Travesía entre a Rúa Pan e a Rúa Lirios, mentres que na comisión de Urbanismo e Desenvolvemento, abordaranse unha modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal sobre a normativa de garaxes obrigatorios.