Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello traslada varias demandas á...

XUNTANZA

O Concello traslada varias demandas á Delegación Provincial de Sanidade

Martes 24 de xaneiro do 2006

O alcalde e a concelleira de Sanidade entregaron á Delegada Provincial as especialidades e recursos humanos cos que conta na actualidade o Centro de Saúde de Carballo, ademáis de datos de actividade, poboación, actividade asistencial en Atención Primaria ou Puntos de Atención Continuada. Datos que na opinión do grupo de goberno, e así o trasladaron na Delegación Provincial, indican que Carballo debera contar cun centro hospitalario comarcal que permitiría reducir as listas de espera e mellorar a calidade asistencial no conxunto do complexo hospitalario universitario e especificamente na comarca de Bergantiños e a súa área de influencia. Ademáis, deuse conta na xuntanza da situación sanitaria de Carballo, en concreto do servizo de matrona, cursos de preparación ao parto, pediatría en horario de tarde, servizo de pediatría de garda, a necesidade de persoal na quenda de tarde en radioloxía ou a situación creada coa incorporación de novos médicos. Aspectos que dende o goberno local se queren mellorar. Tamén demandouse a ampliación de especialidades e deuse conta das listas de espera nas que se traballa na actualidade no Centro de Saúde. O alcalde de Carballo convidou á Delegada Provincial de Sanidade a coñecer o Centro de Saúde e o Punto de Atención Continuada.

Compartir: