Inicio Carballo ao día Hemeroteca A cimentación da Casa dos Oficios...

OBRAS

A cimentación da Casa dos Oficios comezará nos próximos días

Martes 24 de xaneiro do 2006

Un estudio xeotécnico confirmou que o terreo onde se vai ubicar a Casa dos Oficios non tiña a resistencia suficiente para aguantar a estructura, polo que se tivo que traballar para conseguir esa resistencia idónea. O traballo dos alumnos segue a desenvolverse no taller, ben na estructura ou noutros elementos que albergará o edificio. O proxecto global da Casa dos Oficios engloba cinco naves e ocupará unha superficie total de 10.815 metros cadrados. Neste novo edificio situaranse as aulas do Centro Municipal de Formación, así coma un novo auditorio de uso empresarial. No espazo do exterior do complexo seguiranse a realizar as feiras os segundos, cuartos e quintos domingos de mes.

Compartir: