Inicio Carballo ao día Hemeroteca Autorizados catorce novos vaos permanentes na...

XUNTA DE GOBERNO LOCAL

Autorizados catorce novos vaos permanentes na localidade

Luns 23 de xaneiro do 2006

Ademáis, na sesión aprobouse o proxecto reformado para a Recuperación do entorno natural da Férveda de Entrecruces e o seu acondicionamento para área de recreo. O proxecto reformado non implica incremento do orzamento de adxudicación e o prazo de execución das obras complementarias fíxase no mes de xuño. Tamén deuse o visto bo á solicitude de prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento de tratamento de drogodependencias non exclusivamente alcohólicas e á fixación dun prezo público de 2,5 euros por persona para acudir aos espectáculos organizados polo Concello no Pazo da Cultura durante o ano 2006. Realizarase o cobro deste importe cando as actuacións sexan de grupos profesionais e non vaian específicamente dirixidas a un colectivo concreto e cando a entidade que colabore co Concello non esixa que a asistencia sexa libre e gratuita.

Compartir: