Inicio Carballo ao día Hemeroteca O alcalde entrega os diplomas do curso Proximitas

INSERCIÓN LABORAL

O alcalde entrega os diplomas do curso Proximitas

Xoves 28 de xullo do 2005

O curso de Lecer e tempo libre para a terceira idade celebrouse en Carballo entre o 15 de xuño e o 8 de xullo. Este é o primeiro curso de formación especializada do proxecto Proximitas, financiado polo Fondo Social Europeo europeo, que se celebra no concello.

O obxectivo deste proxecto é dobre: por unha banda promover o acceso ao emprego a persoas de difícil inserción laboral - con escaso nivel de estudos, por ser desempregados de longa duración ou que retornan ao mercado laboral despois dun tempo - e, pola outra, incrementar a oferta de servizos sociais á infancia, á terceira idade ou a discapacitados.

Proximitas é unha iniciativa da Deputación da Coruña de inserción laboral destinada fundamentalmente a mulleres desempregadas, inactivas ou con cargas familiares, a través de cursos de formación especializada para a prestación de servizos de atención a persoas con especiais necesidades como nenos, anciáns, persoas con minusvalías ou enfermos.

Os cursos celébranse nos distintos concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes adheridos ao proxecto, que son todos os municipios da Coruña agás Santiago de Compostela, Ferrol e A Coruña.

Compartir: