EQUAL
O Concello presenta o proxecto ‘En Plan de Igualdade’
Venres 20 de xaneiro do 2006
O obxectivo fundamental é deseñar, implentar e demostrar a validez dunha serie de estratexias dirixidas a eliminar as desigualdades de xénero no mercado laboral. Estas estratexias implican a participación activa e a implicación dos principais axentes públicos e privados do territorio. Para a elección do programa tivéronse en conta aspectos como a tasa de desemprego feminino, os sectores onde traballan fundamentalmente as mulleres ou a escasa participación feminina na toma de decisións nos ámbitos político, sindical, administrativo ou asociativo. O Proxecto desenvolverase ata decembro de 2007 e a súa dotación presupuestaria está financiada nun 75% do Fondo Social Europeo e o 25% restante polos socios cofundadores, como é o caso do Concello de Carballo. O comezo da presentación está previsto para as 20,00 horas.