XUNTANZA NA DELEGACIÓN PROVINCIAL
Medio Ambiente valora positivamente as demandas do Concello
Xoves 19 de xaneiro do 2006
No tocante á contenerización soterrada, o Concello presentou unha proposta de sete actuacións en diferentes puntos da localidade, ademáis da instalación de 21 Illas Verdes en outros tantos puntos do medio rural. O goberno municipal, ademáis, demandou a continuidade da Brigada Municipal de Medio Ambiente, da que presentou o seu informe de actividades, e coñeceu as previsións da Consellaría para completar e mellorar o sistema de depuración na rede de alcantarillado. Todas as propostas foron recibidas de bo grado e con interese do Delegado Provincial. O Concello volverá a manter futuros encontros para concretar boa parte destas actuacións, no ánimo de seguir facendo do Medio Ambiente unha das súas prioridades.
Visita do Conselleiro
O alcalde de Carballo e o concelleiro de Medio Ambiente aproveitaron a visita á Delegación Provincial para facer unha invitación ao Conselleiro para que visite Carballo. Unha das pretensións do goberno é que o Conselleiro de Medio Ambiente visite o Centro Especial de Emprego, relacionado coa limpeza viaria do municipio.