REUNIÓN DE PORTAVOCES
As formacións políticas do Concello debaten diferentes asuntos de actualidade
Mércores 18 de xaneiro do 2006
Os portavoces das catro formacións políticas municipais terán ocasión de falar do Regulamento de Participación Cidadá, xa bastante avanzado na súa redacción, e que introduce importantes melloras na integración dos veciños nas xestións do Concello. O obxectivo do texto é aproximar a administración aos cidadáns, mellorar a transparencia, fomentar o asociacionismo e favorecer a descentralización e a eficacia nas xestións. Tamén está previsto entregar unha proposta de articulado dos estatutos do Padroado Deportivo Municipal e intentar achegar posturas na denominación de novas rúas de Carballo, un asunto que quedara sobre a mesa na sesión plenaria do pasado mes de novembro. A xuntanza non está pechada a outros temas que poidan xurdir para o seu debate.