CULTURA
A Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia abrirá os concertos dos Venres Culturais
Mércores 18 de xaneiro do 2006
Os interesados en acudir ao concerto, que como todos os incluidos na oferta dos Venres Culturais é gratuito, xa poden recoller as entradas no Pazo da Cultura, lugar onde tamén se poderán canxear as invitacións que entrega Caixa Galicia por entradas. O horario de atención ao público será de luns a venres de 11,00 a 13,30 e o mércores pola tarde de 18,00 a 20,30. O programa previsto para o concerto do venres pola Orquestra de Cámara da Sinfónica de Galicia desenvolverase en dúas partes, e intégrano concertos de Telemann, Bach e Vivaldi. Ademáis da dirección de Vladimir Prjevalski (violín), o grupo de cámara da Sinfónica contará coa participación de Gábor Szabo, violín, Andrei Kevorkov, viola, e Casey Hill, oboe.