Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Inem pon en marcha unha Rede de Atención...

TRABALLO

O Inem pon en marcha unha Rede de Atención Telemática

Martes 17 de xaneiro do 2006

A provincia da Coruña é unha das pioneiras na implantación deste servizo. Chamando ao 901119999 poderase conseguir toda a información referida á protección por desemprego, como os requisitos de acceso á prestación por desemprego, ao subsidio ou á Renda Activa de Inserción. Tamén pode facilitarse a información sobre tramitación dun exediente, aclaración de nóminas, retencións ou comunicacións da colocación. Cunha chamada ao 901119999 poderase solicitar certificados e facer reclamacións, queixas e suxestións.

Compartir: