Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Centro de Formación direccionou o 84% do...

EMPREGO

O Centro de Formación direccionou o 84% do persoal contratado por Mercadona

Martes 17 de xaneiro do 2006

Estas contratacións son froito do traballo realizado a través do Servizo de Orientación Laboral do Centro Municipal de Formación durante os meses de outubro e novembro dos pasado ano, onde tiveron lugar as entrevistas de preselección rexistrándose un total de 622 solicitudes. Esta é unha mostra máis da disposición por parte do Centro Municipal de Formación Ocupacional de axudar ao asentamento de novas e vindeiras empresas que decidan achegar o seu centro de traballo a nosa localidade ou comarca, sen esquecer o traballo que xa durante 8 anos leva facendo adecuando as ofertas coas necesidades dos demandantes a través do Servizo Galego de Colocación.

Compartir: