LECER
Máis de 12.000 persoas visitaron a pista de xeo
Luns 16 de xaneiro do 2006
Preto de 5.000 escolares dos centros educativos de Carballo foron invitados polo Concello a patinar sobre o xeo. Foi o colectivo máis numeroso que acudiu ás instalacións, seguido das máis de 4.000 persoas que pasaron por taquilla e os 3.500 veciños invitados polo Centro Comercial Bergantiños. Os nenos e os máis novos foron, por tanto, quen máis disfrutaron dunha instalación na que se deu cita xente de tódalas idades.