Inicio Carballo ao día Hemeroteca O teatro e a música, protagonistas dos...

CULTURA

O teatro e a música, protagonistas dos ‘Venres Culturais’ do Concello

Luns 16 de xaneiro do 2006

Ademáis de Hamlet, a oferta teatral contempla as representacións de García, de Teatro de Adro, Por un millón de dólares, de Bucanero&EME2 Produccións, O Heroe, de Sarabela Teatro, Final de película, de Áncora Produccións e Papirus de Xirriquiteula Teatre, unha obra a representar a finais deste mes de xaneiro destinada ao público infantil e familiar. As entradas para estas cinco representacións pódense reservar no Pazo da Cultura cunha antelación de quince días e o seu precio é de 2’5 euros. O precio da obra de Hamlet será de 5 euros.

Música

Ao igual que o teatro, seis serán as actuacións musicais previstas na programación dos Venres Culturais do Concello de Carballo. Ademáis da presenza da Orquesta de Cámara da Sinfónica de Galicia, este venres 20 de xaneiro, o programa contempla as actuacións de A Compañía do Ruido e o Grupo Magnificant. Ademáis, o Concello estreará o ciclo En Feminino, que contempla as actuacións de Carmen Dor, Susana de Lorenzo e Carmen Rey. A entrada aos concertos de música é de balde. A concelleira de Cultura, Belén Lendoiro, manifestou na presentación dos Venres Culturais que "Carballo é o único concello da Comarca que mantén un progama cultural estable ao longo de todo o ano e este último fíxose atendendo aos criterios de calidade e diversidade". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou a programación teatral e suliñou que "unha vez máis, Carballo volve a ser un referente musical e teatral".

Compartir: