Inicio Carballo ao día Hemeroteca Ángela Rodicio ofrece unha conferencia no...

CULTURA

Ángela Rodicio ofrece unha conferencia no Pazo da Cultura

Venres 13 de xaneiro do 2006

Ángela Rodicio é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade Complutense e realizou cursos de especialización en Estados Unidos. Ten colaborado con Faro de Vigo, La Voz de Galicia, Diario 16 ou a canle norteamericana CNN e a BBC. En 1998 comeza a traballar en TVE, na área de Internacional dos informativos diarios. En 1992 converteuse en correspondente de Televisión Española no centro e leste de Europa e en 1998 publica La guerra sin frentes, un libro das súas memorias desde Bagdad a Saraxevo. Ángela Rodicio foi correspondente en lugares como Iraq, Afganistán, Saraxevo e Xerusalén. A charla está enmarcada dentro do programa Periodistas del siglo XXI, posto en marcha por Caixanova en colaboración coa Deputación da Coruña, e terá lugar ás 20,30 horas no Pazo da Cultura.

Compartir: