Inicio Carballo ao día Hemeroteca Conclúe a revisión do catastro de...

CATASTRO MUNICIPAL

Conclúe a revisión do catastro de bens inmobles rústicos

Xoves 12 de xaneiro do 2006

O proceso de revisión do catastro de bens inmobles rústicos comezou coa celebración de reunións informativas en todas as parroquias do concello, das que participaron membros do goberno municipal e da empresa Ditecar. As visitas de campo, das que tamén participaron varios propietarios, deron paso á exposición pública de toda a documentación no Pazo da Cultura, aberta o pasado 12 de decembro. O venres, pois, ponse fin a un proceso de ano e medio dunha revisión na que se contabilizaron 63017 parcelas e 12573 titulares.

Compartir: