POTENCIA INSUFICIENTE
O Concello demanda a solución para as deficiencias do suministro eléctrico en Xoane
Mércores 11 de xaneiro do 2006
A situación está a provocar que non se podan utilizar varios aparellos de consumo eléctrico ao mesmo tempo no lugar, situación que revirte na imposibilidade de realizar a vida cotiá con normalidade. O Concello xa remitiu ante os dous organismos dita situación, pola que reclama que a empresa suministradora realice os investimentos necesarios para correxir as deficiencias citadas.