VISITA INSTITUCIONAL
A Delegada Provincial de Presidencia visitou o Concello e os Xulgados
Martes 10 de xaneiro do 2006
En relación á segunda fase das obras de acondicionamiento da Casa Consistorial, a Delegada Provincial de Presidencia reiterou o compromiso de finalización das mesmas a principios do vindeiro ano 2007. No tocante aos Xulgados, o alcalde de Carballo aproveitou o ocasión para trasladarlle a necesidade dun terceiro xulgado para a localidade. Mª Esther González Saavedra comentou que "é verdade que probablemente faga falta, aínda que a súa autorización compete ao Consello Xeral do Poder Xudicial. Nós podemos solicitalo de forma reiterada, aínda que o proceso ten una duración lenta. É unha negociación complicada pero que seguro que dará os seus froitos". O alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, destacou da xuntanza o feito de falar do "proceso de regularización das liñas de axuda da Administración, no que cada concello poda acceder a ese fondo en función dos servizos que presta". A delegada Provincial de Presidencia engadiu a "vontade da Consellaría por incrementar en catro anos as dotacións financieiras de cada concello" e recolleu a demanda do grupo de goberno para acadar a gratuidade da AG-55.