CULTURA
Unha conferencia de Ángela Rodicio abrirá os actos culturais de xaneiro
Martes 10 de xaneiro do 2006
Neste caso, a periodista sí confirmou a súa presencia en Carballo, para comentar o seu traballo durante quince anos como corresponsal en conflictos bélicos. A charla está enmarcada dentro do programa Periodistas del siglo XXI, posto en marcha por Cauxanova en colaboración coa Deputación da Coruña. A programación cultural do Concello seguirá unha semana máis tarde, o venres 20 de xaneiro, co concerto do grupo de cámara da Orquesta Sinfónica de Galicia, baixo a dirección de Vladimir Prjevalski. As entradas para o concerto (gratuito) poden reservarse a partir do mércores 11 de xaneiro.