Inicio Carballo ao día Hemeroteca A Xunta de Goberno Local aproba a solicitude de...

DEPUTACIÓN PROVINCIAL

A Xunta de Goberno Local aproba a solicitude de dúas subvencións

Luns 9 de xaneiro do 2006

No primero dos casos, aprobouse a solicitude dunha subvención dentro do programa Subvencións dirixidas aos concellos para desenvolvemento de servizos sociais e políticas de igualdade entre mulleres e homes e de loita contra a violencia de xénero, para levar accións cuia finalidade é proporcionar medidas para unha mellor conciliación da vida personal, familiar e laboral das mulleres de Carballo. O importe da subvención solicitada ascende a 36.000 euros. No segundo dos casos, aprobouse solicitar dentro da Materia de Servizos Sociais, unha subvención de 122.156,91 euros para Programas de Atención Primaria o obxecto da subvención o Programa de Información, Valoración e Orientación. Acordouse tamén solicitar unha subvención de 60.000 euros dentro da Área de Actuación de Minusvalías. A Xunta de Goberno Local, ademáis, acorudou solicitar á Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible a axuda económica para o transporte de residuos sólidos urbanos. Deuse conta tamén da sinatura dun convenio de cooperación ntre o Concello de Carballo e a Asociación Xuvenil Fogar da Xuventude para a celebración da Cabalgata de Reis do ano 2006. A Asociación organizará e levará a cabo a Cabalgata segundo o itinerario marcado polo Concello, que aboará unha cantidade de 2.500 euros para tal fin. O convenio recolle a constitución dunha comisión mixta de seguimento da execución do mesmo, formada pola Concelleira de Cultura e o presidente da Asociación Xuvenil.

Compartir: