VISITA INSTITUCIONAL
A Delegada Provincial de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza visita Carballo
Luns 9 de xaneiro do 2006
O goberno municipal insistirá na demanda de creación dun terceiro xulgado e aproveitará a visita de Mª Esther González Saavedra para entregarlle o dossier de necesidades de infraestructuras e investimentos en Carballo. A Delegada Provincial da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza tan prevista a súa chegada a Carballo ás 09,00 horas, onde será recibida polo alcalde e outros membros da Corporación Municipal. Con posterioridade, e despois de manter un encontro con medios de comunicación, visitará a segunda fase das obras de acondicionamiento da Casa Consistorial, ás 10,00 horas, e fará o propio media hora despois no Edificio dos Xulgados.