Inicio Carballo ao día Hemeroteca O Concello amplía unha semana maís...

REVISIÓN DO CATASTRO

O Concello amplía unha semana maís a exposición dos planos e documentación do término municipal

Mércores 5 de xaneiro do 2005

A revisión do catastro, da que participou a empresa Ditecar e varios dos membros do grupo de goberno, prolongouse por un espazo de dazasete meses e contabilizáronse 63017 parcelas e 12573 titulares. Todas as persoas interesadas poden acudir a examinar os planos, recoller a documentación que lles falte, realizar as alegacións sobre erros, falta de inclusión de parcelas, etc. Por tal motivo, o horario de atención ao público segue sendo de luns a venres, nas seguintes horas:

  • De 10:00 a 14:00 horas, polas mañáns.
  • De 16:00 a 19:00 horas, polas tardes.

  • Todos os titulares ou interesados acudirán provistos do Documento Nacional de Identidade (DNI).

    Compartir: