TELECOMUNICACIÓNS
R comeza esta semana a instalación da rede de fibra óptica
Xoves 5 de xaneiro do 2006
Cun investimento superior ós 6,6 millóns de euros, R despregará o seu cableado e os seus equipos e realizará as canalizacións necesarias para prestar servizo na zona centro, seguida da Cristina, Ambulatorio, Anllons (A Casilla) e Ponte da Pedra. O obxectivo da empresa é comezar a prestación de servizos no segundo semestre do 2006, así como instalar cabinas telefónicas en distintos puntos do concello, abrindo por vez primeira en Carballo o servizo de telefonía pública á libre competencia. Esta actuación de R no concello de Carballo nace co obxectivo de satisfacer a demanda de novos servizos de comunicacións por parte dos veciños que deciden instalarse nos entornos metropolitanos das cidades. Neste senso, a rápida posta en marcha do proxecto de R en Carballo apoiouse na plena disposición e colaboración do Concello de Carballo, que dende o inicio manifestou o seu interese por situar esta poboación ao máis alto nivel en canto á dotación das infraestruturas tecnolóxicas, así como por facilitar ós seus ciudadáns o acceso a todos os servizos da sociedade da información.