Inicio Carballo ao día Hemeroteca Os Reis Magos chegan a Carballo

LECER

Os Reis Magos chegan a Carballo

Xoves 5 de xaneiro do 2006

O percorrido das carrozas será o seguinte: Centro Comercial Bergantiños-Haley, Rúa Ponte da Pedra, Rúa Fábrica, Rúa Poniente, Rúa calvo, Rúa Barcelona, Rúa Fomento, Río Miño, Praza da Milagrosa, Rúa Compostela, Rúa Verdillo, Rúa do Sol, Rúa Gran Vía, Rúa Vázquez de Parga, Rúa Camiño Novo, Praza de Galicia, Rúa Coruña, Rúa Desiderio Varela e Praza do Concello.

Animación

Durante a espera dos Reis Magos os nenos e nenas que o desexen poderán desfrutar de animación de rúa nos seguintes sitios. Desde as 16,30 horas ata a chegada dos Reis ao Centro Comercial Bergantiños-Haley poderán desfrutar dun espectáculo de paiasos, que realizarán globoflexia, xogos de animación e maquillaxe. A partir das 18,00 horas esta animación de rúa desprazarase ata a Praza do Concello, onde se realizarán actividades ata a chegada da Cabalgata.

Acto de recepción dos Reis

O acto de recepción aos Reis Magos celebrarase na caprpa instaldad diante do Concello, onde poderán agardar os nenos e os pais. Á chegada dos Reis, o alcalde -en nome de todos os cidadáns de Carballo- recibirá e saudará as súas Maxestades. A continuación, os nenos e nenas entregaranlle aos Reis as cartas en mar e faranlle as súas peticións.

Cabalgatas nas parroquias

Tamén este xoves, 5 de xaneiro, celebraranse as cabalgatas en Baldaio, Sísamo e Bértoa. O venres, 6 de xaneiro, será o turno para as parroquias de Sofán, Artes e Cances. Estas Cabalgatas están organizadas polas asociacións de cada parroquia e seguirán os itinerarios de anos anteriores.

Compartir: