CULTURA
O Mago Teto e unha chocolatada despiden o ‘Nadalpequespectacular’
Venres 30 de decembro do 2005
O Mago teto leva feito máis de 500 actuacións en lugares tan diversos como París, Madrid, Lisboa, Bilbao, Santiago de Compostela, Vigo, etc. Entre os seus números máis sobresaíntes destacan a conducción ás cegas dun coche, atrapar unha bala cos dentes, liberarse dunha camisa de forza nas condicións máis extremas e, incluso, predicir os titulares da prensa cunha semana de antelación.
Chocolatada
Como fin de festa do programa de nadal para os máis pequenos e con motivo da despedida do ano, o Concello organiza unha chocolatada na Ludoteca Municipal. Os que queiran participar teñen que recoller unha invitación na propia Ludoteca. A actividade comezará ás 19,30 horas.
Baile para maiores
Non só os máis pequenos van poder disfrutar deste venres a modo de actividades. A Concellaría de Terceira Idade ven de organizar un baile para maiores no Pazo da Cultura, que comezará ás 18,00 horas deste venres 30 de decembro. Os asistentes terán a oportunidade de bailar e merendar, ademáis de participar de varias sorpresas ao longo da tarde.